:: Obxectivos


Os obxectivos xerais do Proxecto de Recuperación Patrimonial de Chandebrito asumen as recomendacións que han rexer as actuacións en patrimonio:

• Prioridade da conservación do patrimonio e a identidade local.
• Desenvolver accións contextualizadas no territorio.
• Planificación integradora dos recursos e potencialidades.
• Conxugar o desenvolvemento económico, social e cultural.
• Actuacións dinámicas e acordes coa demanda social.

Pero tamén existen unha serie de obxectivos específicos referidos as accións e actitudes concretas que se propoñen neste Proxecto:

• Crear un espacio rural de calidade mediante a xestión interpretativa dos recursos.
• Dotalo dun marco informativo axeitado.
• Por en marcha servicios de ocio e formativos de calidade, de acordo aos valores.
• Instalar as infraestructuras necesarias para a interpretación cultural da parroquia.
• Establecer os servicios de mantemento necesarios para a conservación do patrimonio, das estructuras e do Proxecto.


 
chandebrito 2008 todos los derechos registrados