:: Territorio historia
Cunha extensión de 5,8 km cadrados (C.E.M. 1997), a parroquia de Chandebrito abrangue catro barrios:
• Da Igrexa ou Chan de Brito, ao Nordeste.
• Prasíns, ao Sureste.
• As Rosadas, ocupa un sitio central da chaira.
• As Tomadas, ao Oeste.
A información en col dos aspectos demográficos e económicos dispoñibles para unha parroquia como Chandebrito proceden do Catastro de Ensenada e po-lo tanto arrancan a partires da segunda metade do século XVIII, cando Chandebrito pertencía á freguesía de Camos.
Segundo esta fonte, no solar actual de Chandebrito había 67 veciños. Nembargantes, este dato non especifica o número de habitantes ao referirse soamente aos cabezas de familias.
Un cálculo actual sinala a cifra aproximada de 201 habitantes para esta época en Chandebrito.






