:: Localización
Chandebrito é unha das sete parroquias que se integran no Concello de Nigrán, ao Sudoeste da provincia de Pontevedra e po-la súa extensión, constitúe a segunda parroquia en importancia, logo de A Ramallosa.
En xeral, as lindes administrativas e naturais desta parroquia establecida nun territorio consistente nunha ampla chaira elevada a 300m, coinciden bastante ben coas formacións naturais que a conforman no seu entorno:
• Ao Norte e Nordeste
co Concello de Vigo nas parroquias de Coruxo Montes do Maúxo - e Valadares – Monte Alba-.
• Ao Este e Sureste
co Concello de Gondomar na parroquia de Vincios.
• Ao Oeste e Sudoeste
coa parroquia de Camos –co Monte Castelo-, no mesmo concello e comunicando coa Val Miñor.
Os accesos principais a Chandebrito poden ser po-lo Sur, desde o mesmo Concello de Nigrán a través da parroquia de Camos, tomando a estrada autonómica 332 que á altura do Pazo da Touza, sube cara á Capela de San Roque, seguindo a partires de aquí as indicacións. O tempo necesario para o desprazamento desde a Casa Consistorial de Nigrán ata Chandebrito non supera os 10 minutos.
E mesmo desde o Concello de Vigo, saíndo po-la estrada 325 en dirección Vigo - Nigrán, á altura de Coruxo está indicada a estrada que sube ao Fragoselo e Chandebrito.






