Os estudantes do CEIP de Carlos Casares viaxan polo pasado

Dende o venres 26 de febreiro ata o xoves 18 de marzo os 190 estudantes do CEIP Carlos Casares acollen no seu centro a Exposición Itinerante “Patrimonio Cultural Inmaterial, é cousa de tod@s”.

Ademais, o venres 5 de marzo, todas-os elas-es poideron viaxar polo pasado de Chandebrto eaprender novas cousas sobre Chandebrito a través dunha presentación power point que preparou o departamento de turismo do concello de Nigrán. Coa Cabra Fanada e o Demo Burlón, aprenderon o que é un castro ou un petroglifo, cal é a diferencia do pan de millo do pan de trigo; e ademais poideron ver fotos desta parroquia.

Este traballo compleméntase co traballo que farán nas aulas cos cadernos didácticos que publicou a concellería de turismo e educación e coa visita a Chandebrito na primavera.

Escriba un comentario

y apellidos

Nota: Su comentario esta sujeto a la aprobación del administrador del sitio, si no ve su comentario, por favor, no postee nuevamente

 
chandebrito 2008 todos los derechos registrados