CHANDEBRITO NO CEIP DE FONTES
Os estudantes do CEIP de Fontes, en Baíña, o venres 19 de febreiro, disfrutaron e aprenderon a través dunha presentación power point sobre Chadebrito. Tanto os máis pequenos (infantil e primer ciclo de primaria) como os máis vellos (segundo e terceiro ciclo de primaria) tiveron a posibilidade de coñecer a Cabra Fanada e o Demo Burlón; saber onde se atopa a parroquia de Chandebrito; aprender o funcionamento dun muiño de auga, entre outras cousiñas.
O departamento de Turismo, para completar a presentación en power point, editou uns cadernos didácticos, adaptados aos diferentes estudantes según as súas idades. Con estos cadernos didácticos preténdese que traballen un pouquiño sobre Chandebrito e os recursos que alí se atopan.
E por suposto, dende o martes 2 de febreiro ata finais deste mes, este centro escolar acolle nas súas instalacións a Exposición Itinerante “Patrimonio Cultural Inmaterial, é cousa de tod@s”.






