A ESCOLA INFANTIL DE CAMOS ACOLLE A EXPOSICIÓN “PATRIMONIO CULTURAL INMATERIA, É COUSA DE TOD@S”

Dende o martes 1 de decembro ata o luns 14 de decembro as-os nenas-os da escola infantil de Camos acollen no seu centro a Exposición Itinerante “Patrimonio Cultural Inmaterial, é cousa de tod@s”.

Ademais o mércores 3 de decembro poideron aprender novas cousas sobre Chandebrito a través da presentación power point que lles amosou Susi. Coñeceron á Cabra Fanada e ao Demo Burlón, aprenderon o que é un castro ou un petroglifo, cal é a diferencia do pan de millo do pan de trigo; e ademais poideron ver fotos desta parroquia. E xa por último, despóis de que acabase a exposición, estes estudantes tan novos puxéronse a pintar o escudo do Concello, un muiño e aos nosos amigos a Cabra Fanada e o Demo Burlón.

Escriba un comentario

y apellidos

Nota: Su comentario esta sujeto a la aprobación del administrador del sitio, si no ve su comentario, por favor, no postee nuevamente

 
chandebrito 2008 todos los derechos registrados