ACTIVIDADES
Visitas temáticas al patrimonio:

- O Ciclo da Auga. Visita que representa a base material da exposición permanente no Centro de Información de Visitantes. Claramente representado en Chandebrito, con infraestructuras e muíños hidráulicos na ladeira dun monte sen río. As augas cambian de ritmo para crear arquitecturas e novos espacios no cerne do grupo social: espacios económicos, de hixiene, de ocio, de relacións sociais, de traballo, de tradicións…
Lugar: Monte do Castro e Barrio Vello.

- Paseo arqueolóxico: O Monte do Castro coa primitiva aldea deste territorio, é o referente máis coñecido e onde tamén se inicia esta visita. Ademáis, repartidos por as Tomadas podemos visitar algunhas estacións de arte rupestre prehistórica de gravados nas rochas ou petroglifos. Constitúen unha mostra da riqueza deste arte primitivo no Val Miñor, sendo anteriores á aldea castrexa. Localizables na paisaxe mediante elementos de carteleira deseñados para as visitas libres. O valor destes documentos primitivos e a súa fraxilidade para a conservación ás futuras xeracións, necesitan da colaboración de todos, sendo necesario seguir as recomendacións indicadas nos carteis.
Ruta verde:
- Paseos por a natureza: Relacionados coas anteriores, pódese transitar por lugares de interese natural e ecolóxico, como a Fraga de Rodas, o Camino dos Matos ou o Outeiro do Niño do Corvo, desde o que se ten unha vista panorámica incomparable do Val Miñor. Esta actividade recolle e divulga valores medioambientais de respecto á natureza.
Visitas nocturnas aos petroglifos, para grupos superiores a dez persoas.
Información: T. 986.36.87.34
Visitas guiadas destes roteiros temáticos para grupos, previa cita.
Información: T. 986.36.87.34
Visitas para escolares, de setembro a xuño, previa cita.
Información: T. 986.36.87.34























