:: Recepción de público
- Información Xeral, mediante carteleiras situadas nos accesos a Chandebrito e que nos orientan a dirección a seguir e o lugar de orixe da visita que é na explanada do Monte do Castro.
- Aparcadoiro.
- Centro de Información de Visitantes. Representa un espacio para atender as necesidades do público, como:
• Ofrecer información xeral das alternativas de visita, das actividades e doutros lugares de interese do concello. Están dispoñibles folletos e información gratuíta. Atención persoal por membros perfectamente identificados.
• Ofrecer un espacio de descanso, punto de encontro e venda de artigos relacionados co patrimonio de Chandebrito.
• Forma parte da interpretación integral do lugar, ofrecendo unha montaxe expositiva que baixo o título O Ciclo da Auga. Non o podes perder, complementa a interpretación da parroquia con aqueles aspectos relativos aos usos, traballos, tradicións, etc. construídos ao redor das obras materiais que sempre están presentes e visitables no exterior.
- Carteleira interpretativa sobre os sendeiros de visita.
- Miradoiro paisaxística do sur da Ría de Vigo.
- Sinalización dos sendeiros.
- Exposición temporal titulada Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s, no local da Asociación de Veciños de Chandebrito, na rúa O Torreiro.
- Actividades de ocio e formativas para escolares.
- Actividades para adultos e familias.
- Visitas guiadas para grupos, previa cita.
- Dispoñibles enquisas voluntarias sobre aspectos da visita e a calidade dos servicios, como mecanismo de mellora do Proxecto.
Normas de usos:
Espacios públicos:
Aparcar nos lugares indicados e habilitados para este fin, respectando os sinais de tráfico e limitacións develocidade.
Non se pode circular en ningún tipo de vehículo por as entornas dos bens patrimoniais indicados nas sinalizacións.
Non se pode deixar residuos. No Punto de Información ao Visitante existen bolsas reciclables de balde para gardar os propios residuos e posterior depósito nos contedores da parroquia.
Non se pode prender lume nin facer acampadas.
Manter a limpeza dos sendeiros e espacios públicos da parroquia.
A visita con mascotas deberá facerse coas medidas de seguridade necesarias para as mascotas e os demais visitantes: non poden permanecer soltos.
Os visitantes circularán sempre por os sendeiros sinalados e habilitados para tal fin.
A auga é un recurso necesario: non a malgastes nin ensucies. Non tires nada á auga.
Sobre o patrimonio e os recursos divulgativos:
Prohibido pisar, limpar por calquera medio, pintar ou rascar os gravados prehistóricos e calquera outro elemento patrimonial.
Prohibido circular con calquera vehículo por o Castro.
Prohibido arrancar, cortar, esmagar, pisar ou romper as plantas, ramas, árbores ou calquera elemento natural.
Está permitido facer fotos.
Prohibido pintar, raiar, arrancar, romper os elementos interpretativos instalados.
A natureza e o patrimonio son de todos, colabora na súa conservación para as xeracións futuras.






