RECEPCIÓN DE PUBLICO E EXPOSICIÓNS

“A interpretación do patrimonio é a arte de revelar in situ o significado do legado natural, cultural ou histórico ao público que visita estes lugares no seu tempo libre”.

Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP)

Nos derradeiros anos o patrimonio converteuse en testemuña, comunicación e elemento de identidade. Este Proxecto considera fundamental a conservación do patrimonio para as vindeiras xeracións, pero ademais quere presentalo como unha alternativa ao tempo de ocio, entretemento e por suposto formación, de todos os visitantes que se acheguen a Chandebrito.

As alternativas de visita son diversas, con fórmulas libres o guiadas, sobre temáticas diferentes pero que en conxunto tentan interpretar para o visitante os valores patrimoniais da parroquia dun xeito ameno e entretido.

Ademais de paseos pola natureza e o patrimonio, propoñemos servicios e actividades dirixidas a todos os públicos, en horario e periodicidade establecidos. Queremos que te achegues a Chandebrito a gozar na natureza e se queres, a participar activamente no proxecto iniciado e que precisa da vosa presencia e suxestións para manterse vivo no tempo.

Tamén pedímoste a colaboración para o mantemento dos servicios que poñemos á disposición do público, como:

• Servicio de limpeza.
• Servicio de conservación.
• Servicio informativo.

Estes servicios mínimos resultan fundamentais para asegurar a vixencia do proxecto no tempo, sobre todo si temos en conta as condicións ambientais que inciden: aire libre e acción dos axentes atmosféricos, espacio aberto ao público, etc.


 
chandebrito 2008 todos los derechos registrados