CHANDEBRITO

A parroquia de Chandebrito, no concello de Nigrán, sitúase nun antigo solar a 300 metros de altura sobre o sur da ría de Vigo, asentada nun espazo natural perfectamente definido no que o monte do Castro e a chaira son os elementos de referencia.
Conserva pegadas da vida do home desde a Prehistoria -hai máis de 100.000 anos- ata a actualidade, podendo dicir que sempre estivo poboado. Esta circunstancia deu lugar a un tecido estreito de relacións entre o home e a natureza, constituíndo así un espacio natural de gran valor cunha poboación con personalidade propia materializada no seu rico patrimonio cultural, no que as obras producidas ao longo de milenios non se poden separar do entorno natural e do grupo humano.
A súa situación xeográfica no interior do concello de Nigrán ofrece unha boa opción para a dinamización social mediante a proxección duns valores diferentes aos das poboacións costeiras, moito máis coñecidas e gozados por os miles de turistas que desde hai trinta anos escollen Nigrán para o seu tempo de vacacións.

O PROXECTO CHANDEBRITO
O concello de Nigrán, consciente dos valores desta parroquia do interior, promove un Proxecto de Recuperación Patrimonial de Chandebrito, que pretende a posta en valor integral deste espacio rural que presenta á convocatoria 3/2004 do Programa PRODER dentro da liña PRODER II para a protección, conservación e recuperación do patrimonio cultural e natural e valorización do patrimonio rural e local, para a súa financiación.
O carácter integral do Proxecto inclúe ao grupo social que continúa habitando Chandebrito, herdeiros de prácticas e saberes acumulados no tempo, aportan o argumento que explica as obras patrimoniais creadas. Sen os autores, non tería sentido a apreciación das obras. Esta é unha situación privilexiada que permite traballar non só con restos materiais do patrimonio senón tamén có grupo humano que os creou e se organizou para o seu uso e mantemento. Neste senso, a Comunidade de Montes Veciñais de Chandebrito e a Asociación de Veciños son dos axentes sociais de gran indispensables na vida da parroquia; a súa colaboración é fundamental no desenvolvemento do Proxecto.
Non se pretende crear roteiros de carácter arqueolóxico ou natural: trátase de respectar a unidade física e social dunha parroquia configurada espacialmente na ladeira do Monte do Castro, primitivo asentamento, e ao redor dunha chaira na que se concentraban os campos de cultivo, do grupo social que foi evolucionando desde a Prehistoria en perfecta cohesión co seu territorio, explotando os recursos naturais de xeito sostible e organizándose para o mantemento do sistema económico.


 
chandebrito 2008 todos los derechos registrados